
Este es una cosilla que se me ocurrió un día de vuelta a casa, después de ir a clase por la mañana, a currar por la tarde, a alemán después, y entremedias, hacer la comida, recoger la casa, poner una lavadora, comprarle comida a Misi (mi gata), hacerle un recado a mi novio (teniendo que lidiar con los incompetentes de Correos, ya hablaré de ellos otro día) y recibir una llamada de mi "querida" madre... parecía que el maldito día no iba a cabar nunca!!!
Y te lo dedico a ti Rockero Hi-Fi, para que veas que yo odio los buses igual o más que tú! Espero que lo entendáis bien, porque está escrito en gallego.
Ah! la imagen es un cartel de Mayo del 68, que joyas encuentras en la red!
VOLVER Á NADA
Estaba desexando chegar a casa. Eran somente as 21'15 pero xa caera a noite fechada. Levaba todo o verán rogando polo outono, e descubrín que outubro trouxo dúbidas á miña mente, e un baleiro, un nú constante na gorxa.
Aínda quedaba un bo traxecto. Na parada principal do Campus o bus sempre agardaba máis tempo do normal, subían moitísimos alumnos e alumnas, falando do que ían facer a fin de semana e de Gran Hermano. Escoitar esas conversas tan banáis púñame de moi mala ostia. Diso falamos os universitarios. De televisión, fútbol e niñatas anoréxicas que intentan ser modelos sen saber sequera falar. Punto.
Por sorte, eu subo na primeira parada e teño sempre a oportunidade de escoller asento. Ao fondo de todo, na esquina, e se levo o Ipod mellor, así só escoitos as miñas gilipolleces, non as dos demáis.
Aos poucos minutos o ar enrarécese dentro do bus, a transpiración dos estudantes faise notar, cun hedor agrio e seco. Pero non é somente a suor, senón a respiración desta xente, toda a merda que soltan polas súas bocazas fica suspendida no ambiente, e tamén nos meus ouvidos.
O bus colle unha rotonda para saír das tercermundistas instalacións universitarias, pero cando me quero decatar, algo pasa. Aquela lata de sardiñas na que me atopaba eu con todos aqueles seres non volveu a andar en liña recta, continuou xirando seguindo o sentido da rotonda. Alegroume ver que ao menos algo alí tiña sentido, aínda que fose un círculo de hormigón e herbas secas.
Estase completando un círculo perfecto, unha e outra vez. Quítome os cascos dos ouvidos ao mesmo tempo que as voces se van apagando (bendita rotonda), a xente mírase con estupor; algunhas rapazas maréanse, pero ninguén lles cede asento. Eu tampouco.
É un home un pouco maior da media dos que alí se atopan quen se decide a avanzar até a parte dianteira do vehículo para falar co conductor. Éste permanece petrificado, non responde nen solta o volante. Algúns comezan a vomitar. Os máis calmados, todos homes, apremian á xente a vomitar nas escaleiras de saída, para que as mascadas no se esparzan por todo o chan. Con isto, en poucos segundos a saída quedou convertida nunha pestilente lagoa de xugos gástricos e xantares a medio dixerir de tódalas cores e formas. O olor das vomitonas exténdese por todo o pequeno cubículo, pero eu o percibo moi levemente, vexo todo coma nun soño, como se non formase parte desa grotesca imaxe e só fose unha perplexa observadora.
Dame a sensación de que deberon pasar un par de días, pero seguimos no mesmo instante, de noite, dando voltas a esa rotonda, cada un no seu sitio, uns durmen, outros simplemente miran ao vacío. Outros xa están mortos.
Nese instante decátome de que estou vivindo a eternidade, é o aquí e o agora para sempre; vou estar xirando dentro deste bus olvidado, rodeada de mediocres descoñecidos, e sen que ninguén me veña buscar, para sempre xamáis.
8 comentarios:
Tomá lo que quieras de mi blog. Mencioná la fuen te y listo. Te mando un beso.
Me encantó. Desde su título. Volver a nada. Genial.
tuve algunos problemas para leerlo ya ke nose gallego
en fin lo que entendi me gusto mucho
saludos nenaa
cuidate
Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my site, it is about the CresceNet, I hope you enjoy. The address is http://www.provedorcrescenet.com . A hug.
Extraño Galicia, que sorpresa que me hayas firmado y que seas de allá. Un beso wapa...
16 sobres, muchísimas gracias por dedicarme el relato!!! Está muy bueno. Pude entenderlo perfectamente. Te agradezco mucho y espero que me llegue el fanzine al correo.
Saludos!!
ay baby born,qrazon tirnes...solo nos faltaba eso...aunq siempre nos kedara froilan...tiempos aquellos...me ha encantao!!!TQ,y no tengas tan mala virgen...
no entendi mucho, lo encuentro parecido al portugues (perdon la ignorancia)
saludos
Publicar un comentario