Hoy subo un relato que se me vino a la cabeza cuando estuve trabajando en el Festival de Cine de Ourense. Dormíamos yo y mis compañer@s en un hostal antiguo, que también era Churrería, así que imaginaros los desayunos que nos pegábamos, muy chulo todo, pero lo cierto es que se me hacía raro dormir sola en una cama tan grande, y al despertar era extraño no hablar con nadie...así que al volver a Coruña escribí esto, inspirándome en mis mañanas de soledad en el frío Ourense...
Lo escribí en galego, así que si tal el próximo día lo subo traducido para quien no entienda nuestra maravillosa lengua.
Abrín primeiro un ollo. Volvín a fechalo. Despois abrín os dous. A habitación está case a escuras, pero fíltrase polas persianas unha luz azul e fría. Non teño nen idea da hora ou momento do día que é.
Estou tapada até as orellas, pero aínda levo posto o suxeitador, o reloxo e as mil pulseiras de plástico. Noto a boca pastosa e cun noxento regusto a tabaco e cervexa.
Empezo a estirarme, primeiro a espalda, levanto os brazos e tenso os músculos das pernas até chegar ás puntas das dedas dos pés.
-Bos días...
Debeu espertar ao mesmo tempo ca min, non o entendo, pero sempre nos pasou o mesmo. Cando un abría un ollo, o outro tamén.
-Bos días, qué tal durmiches? -sempre lle preguntaba iso, e despois -Qué soñaches?
Entón el comezaba a relatarme, con voz ronca, tocándose a cara e o cabelo, o que soñara aquela noite, e case sempre aparecía eu. Nembargantes, na súa vixilia nolo pasabámos ben, íamos a sitios diferentes e coloridos, ríamos e estabamos xuntos; mentres que eu soñaba con el sempre pero eran situacións de angustia, nas que discutiamos, el se enfadaba comigo e estaba distante e descoñecido.
Xirou na cama quedando en fronte á miña cara, moi moi xuntos os nosos narices; e mirándonos así, en posición fetal, coas palmas das mans xuntas e debaixo da cabeza, parecía que non había nada máis que esa cama. O mundo xiraba en torno a ela, a nós, e o resto era secundario.
-E ti, qué soñaches?
-Pois non me lembro moi ben...pero era de noite, e estabámos ti, Xiana, eu, e teu amigo Fili, pero non sei que faciamos
-Meu amigo Fili? Pero se non o coñeces!
-Xa! pero debeu ser que como onte me falaches del xusto antes de durmir, pois soñei con el sen saber cómo é fisicamente...
-E cómo era?
-E... alto...moreno, de rastas...non sei!
-Jajajaja...
Súa risa encheu o cuarto, retumbou na miña cabeza. Desexei poder fechar os ouvidos para que ese son ficase sempre dentro de min.
-Teño fame.
-E eu, pero de salgado...Qué hora será?
-Colle o móbil.
-Agarda, vou ao baño e xa miro no reloxo da cociña.
Destapeime rápidamente para que non escapase a calor da cama. Facía un frío horríbel, puxen unha sudadeira e unhas zapatillas. Ao saír ao pasillo, a gata seguiume lentamente, seguro que ela tamén acababa de espertar. Non conseguía entender cómo os tres lográramos sincronozarnos dese xeito, durmíamos e espertabamos ao mesmo tempo, muller, home, gata.
No baño, mírome no espello mentres fago pis. Teño o pelo completamente de punta, os ollos son dous semicírculos negros, e os beizos aínda medio pintados do "Rouge Passion" que usara a noite anterior. Antes de voltar á cama, enxuágome a boca un pouco e quito as legañas.
Paso pola cociña para mirar a hora. As dúas e vinte do mediodía. Non está mal. Doulle de comer á gata, que maúlla e se enrosca nas miñas pernas como se levase un mes sen probar bocado.
-Es unha glotona!
Fíxome na pila de pratos, a pranta medio seca, a roupa sucia desbordando do cesto...pero sei que non vou facer nada hoxe, así que en vez de autoenganarme collo o brick de zume de laranxa Eroski e volvo ao calor da cama.
Separo o edredón, a saba baixeira está completamente enrolada a un lado da cama. "Debín dar moitas voltas" Coa rapidez que me permite a resaca e o entumecimento a causa do frío, separo o nórdico e meto a saba o mellor que podo polos bordes do gastado colchón. Volvo a meterme dentro, aínda está un pouco templada. De tódolos xeitos, non debera estar todo o día na cama.
Aí, na soidade dun mediodía de domingo invernal, penso:
"Ás veces boto moito de menos ao meu ex"
Foto: Pastelito vegano en el restaurante Food for Thought en Covent Garden, London. Es una pasada, la parte de arriba es take away y en el sótano puedes sentarte y disfrutar de una comida casera vegetariana (o vegana, en nuestro caso) riquísima y barata! Y en pleno centro de Londres, os lo recomiendo!
4 comentarios:
Hey!!! muchas gracias por tus comentarios; me hubiera gustado leer en español o castellano, no sé como se el modo correcto de decirlo; tu texto. Ojalá y lo puedas traducir. Muchas gracias de nuevo, un fuerte abrazo!!!
Desde la Ciudad de México escuchando The Clash!!!
yo nunca elimino nada, eh? cada uno que escriba lo que le salga del nabo, pero esta gente que te manda virus....pues como que no!
bueno tía no entiendo un coño...asi que otra vez será jajaja
Publicar un comentario